Xornada gastronómica da Estruga en Celanova o vindeiro 8 de xullo en Celanova

Trátase dunha interesante xornada na que destaca a posta en valor da Estruga a través dunhas xornadas técnicas e tamén cun Xantar na que se degustarán diversas creacións da antedita estruga.
A xornada terá os seguintes puntos destacados.
- Xornada técnica ás 10.00 horas
- Sesión vermut ás 13.30 horas
- Xantar ás 14.30 horas
- Paseo cultural por Celanova ás 16.30 horas
- Petiscada e remate da xornada ás 20.00 horas
O xantar terá un prezo de 15 €, mentres que a petiscada de fin de xornada será de 6 €.
Máis información e venda de entradas no 661 926 549.
O menú do Xantar é o seguinte:
- Petiscos orchizo e orchichón
- Queixo curado sen lactosa e estruga
- Arroz meloso con cogumelos e estrugas
- Empanada negra de mexilóns e estrugas
- Ovos mexidos con estrugas sobre galleta mariñeira
- Pizza de estrugas
- Arepitas con recheo de estrugas
- Aceitunas con xelatina de vermú de estrugas
- Pan de estrugas
- Potaxe de garabanzos, estrugas e bacallau
- Carne de tenreira galega arreglada e pataca galega
- Vasiño de muse de requeixo, marmeladas e amoroces
- Quesada de estrugas
- Bombóns con ganache de licor de estrugas
- Bombóns alicorados
- Infusión de estrugas e outras herbas
- Chupiño de licor de estrugas
- Viño e auga